23 de febreiro de 2022: Día de Rosalía

No IES do Castro celebramos este ano o Día de Rosalía de Castro con varias actividades nas que se implicaron tanto o profesorado como o alumnado de varios cursos de ESO e BACHARELATO. O EDLG do centro adaptou as propostas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a continuación expoñémosvos os resultados.

O alumnado de 1º e 2º de ESO foi o encargado de decorar o mural con pensamentos nos que escribiron versos de varios poemas da autora seleccionados polas profesoras e profesores de Lingua Galega. Todas e todos baixaron a pegar as flores arredor dun fermoso retrato de Rosalía obra das alumnas de Debuxo Artístico de 1º de Bacharelato guiadas pola profesora Elena Guerra. O deseño das letras foi do alumnado de 4º de ESO D.

O mural foise realizando desde o luns 21 ata o mércores 23, data en que se rematou. E este foi o resultado:

Outra das actividades que se desenvolveron foi en colaboración coa Biblioteca Xoán Xosé Sande do instituto. Consistiu no sorteo de obras literarias en galego que contiñan un marcapáxinas de papiroflexia ideado pola profesora de Matemáticas Sandra Camiña, toda unha experta na materia, en cuxa realización colaboraron os seus alumnos e alumnas de 3º de ESO. Neses marcapáxinas, como non podía ser doutro xeito, tamén se podían ler versos de Cantares gallegos e Follas novas, e todos eles contiñan o nome dalgunha planta ou flor, pois nos poemarios citados as referencias á natureza son numerosas e mostran unha especial conexión da autora co medio natural. Comprobade o ben que quedaron nestas imaxes:

As alumnas de 1º de Bacharelato Sonia Domínguez, Uxía Felpeto, Sara Gamote, Noa Pazos, Xarois Vilela e Sofía Zugazagoitia foron as encargadas de ir polas aulas presentando a actividade e explicando a importancia de Rosalía non só para a nosa literatura senón en moitos máis ámbitos; tamén sortearon as obras cos respectivos marcapáxinas, como se ve nestas fotografías:

Pero a colaboración da Biblioteca non quedou aí: seleccionou varios poemas de Rosalía que se propuxeron para a hora de lectura do martes 22 e mostrou a toda a comunidade educativa as obras de Rosalía que ten en préstamo nesta exposición situada na entrada do centro:

Por último, realizouse tamén unha plantación de pensamentos rodeando a árbore senlleira do xardín do IES do Castro: o ombú. Foi posible grazas á colaboración de Begoña Cortes, a vicedirectora, que se encargou de coordinar a actividade cos grupos que participan no contrato programa da Horta Escolar. Tendes imaxes do evento neste artigo do Ombú dixital: https://ombudixital.org/dia-de-rosalia-de-castro/ .

Desde o EDLG queremos agradecer especialmente á Biblioteca e ao profesorado a súa colaboración, sen a cal sería moi difícil levar a cabo ningunha das actividades. E, por suposto, felicitar ao alumnado polo súa implicación e o resultado do seu traballo.

Graduación de 2º de Bacharelato 2021

Neste curso tan especial atrevémonos a facer unha festa de graduación tamén especial. Así que reservamos o Auditorio Mar de Vigo para despedir ao noso alumnado de segundo de bacharelato (que ben o merecen). Desta vez, por mor da COVID non permitimos máis que a entrada do propio alumnado. Deixámosvos aquí a gravación da festa, para que a poidades desfrutar coas vosas familias.

Os discursos deste ano
Entrega de diplomas a todo ao alumnado que cursou 2º de Bacharelato
Fotografías para a lembranza e saúdos dalgunhas familias

Tamén podedes ver a galería fotográfica na nosa páxina web

Inglés

American Week

Durante este curso o departamento de inglés en colaboración coa auxiliar de conversa Anna Schoenfeld desenvolveron un proxecto TIC dentro da nosa revista, que podedes atopar na sección English Corner.

Para despedir á nosa auxiliar o departamento organizou unha «American Week», con actividades propias do país de orixe da nosa auxiliar.

En 3º de ESO (Year 10) desenvolvéronse actividades tales como:

Trivia Friends TV series.

– Brain quest.

– Scrabble.

– Trolley.

En 2º de ESO realizouse un » American picnic» en O Castro e practicouse o deporte «Lacrosse».

Entrevista a Anna Shoenfeld

Tamén podedes atopar nesta revista a entrevista que o noso alumnado lle realizou a Anna Shoenfeld na súa derradeira semana no instituto.

Latín

Un dos premios da “VI Olimpiada de Tradución de Textos Clásicos” quédase entre nós.

O pasado 26 de maio, as nosas alumnas de 2º de Bacharelato de Humanidades: Niobe Alonso, Marina Garrido, Laura Juíz, Irene Pérez e Alicia Villoslada, fóronse á Facultade de Filoloxía de Santiago á gran aventura de participaren, xunto coas/cos mellores de Galicia, na tradución de textos clásicos. Todo un reto.

E mereceu a pena, pois volveron cun moi merecido 3º Premio: Parabéns Laura!!

Consulta a nova completa en Faro de Vigo

Lingua Castelá

MAPAS VISUALES SOBRE LA GENERACIÓN DEL 27

El mapa visual es una representación esquemática acerca de un tema en el que se combinan las imágenes y las palabras. La información se distribuye de manera radial partiendo del centro y organizándola por ramas de diferente color y grosor según su relevancia. La creatividad es fundamental en este ejercicio, pues no solo se trata de esquematizar conceptos, sino también de darles representación iconográfica a través de dibujos.

A lo largo del tercer trimestre el alumnado de 4ºESO ha elaborado mapas visuales sobre los diferentes autores de la Generación del 27. Estos esquemas les han servido posteriormente para la exposición oral de los principales rasgos y obras de tales autores.

Vemos aquí algunos ejemplos:

Mapa visual sobre Gerardo Diego, realizado por Valentina Osorio Velasco y Manuel Domínguez Santomé (4º ESO D).
Mapa visual sobre Pedro Salinas, elaborado por Sonia Areal Losada y Lucía Areal Losada (4º ESO B).

MAPAS VISUALES DE TEXTOS INSTRUCTIVOS: UNA RECETA

También hemos aprovechado la técnica del mapa visual para representar visualmente textos instructivos, en concreto, recetas de cocina.

En las líneas que siguen reproducimos algunas creaciones del alumnado de 1ºESO

LAPBOOKS

Un lapbook es un libro de cartulina empleado para presentar la información acerca de un tema. Dentro del lapbook encontramos ventanas, desplegables, sobres, pequeños libros o cualquier otro tipo de elemento que, de una manera creativa, permita mostrar dicha información.

El alumnado de 2ºESO ha creado a lo largo de este curso lapbooks acerca de diferentes novelas de lectura voluntaria. He aquí algunas muestras de estos trabajos:

Momo.
Lapook elaborado por Candela Ferreira Nieto, de 2º ESO C.
Diez negritos.
Lapook elaborado por María Vilariño Ceresuela, de 2º ESO D.

KNOLLING

Un knolling es una imagen cenital de una serie de objetos escrupulosamente seleccionados y ordenados para remitir así a una idea o concepto, o bien para mostrar los diferentes componentes de un grupo.

A lo largo de los últimos meses, el departamento de Lengua castellana y Literatura ha implementado en el aula la mecánica del Knolling, mediante la cual los alumnos han representado visualmente los aspectos clave de alguna lectura realizada.

Con posterioridad, los alumnos han tenido que realizar una presentación oral partiendo de dicho esquema visual.

Aquí mostramos algunos ejemplos de 1º ESO y 1º BAC: