Neste curso tan especial atrevémonos a facer unha festa de graduación tamén especial. Así que reservamos o Auditorio Mar de Vigo para despedir ao noso alumnado de segundo de bacharelato (que ben o merecen). Desta vez, por mor da COVID non permitimos máis que a entrada do propio alumnado. Deixámosvos aquí a gravación da festa, para que a poidades desfrutar coas vosas familias.
Tamén podedes ver a galería fotográfica na nosa páxina web