Inglés

American Week

Durante este curso o departamento de inglés en colaboración coa auxiliar de conversa Anna Schoenfeld desenvolveron un proxecto TIC dentro da nosa revista, que podedes atopar na sección English Corner.

Para despedir á nosa auxiliar o departamento organizou unha “American Week”, con actividades propias do país de orixe da nosa auxiliar.

En 3º de ESO (Year 10) desenvolvéronse actividades tales como:

Trivia Friends TV series.

– Brain quest.

– Scrabble.

– Trolley.

En 2º de ESO realizouse un ” American picnic” en O Castro e practicouse o deporte “Lacrosse”.

Entrevista a Anna Shoenfeld

Tamén podedes atopar nesta revista a entrevista que o noso alumnado lle realizou a Anna Shoenfeld na súa derradeira semana no instituto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *