Salvavidas

Para que as persoas enfermas que están en lista de espera poidan ser transplantados son imprescindibles as doazóns de órganos, é por isto que para a Coordinación Autonómica de Transplantes de Galicia é importante manter o labor de divulgación do proceso de doazón a toda a poboación, e de xeito especial entre os máis novos, xa que eles representan o futuro e teñen unha repercusión directa sobre o seu entorno familiar, académico e social. Así naceu o plan proxecta «Salvavidas, un proxecto interdisciplinario que traballa a doazón e o transplante de órganos desde diferentes perspectivas, para concienciar aos máis novos, a través dunha información correcta, sobre o beneficio que a doazón e o transplante ten para o sociedade.