Actividades 21-22

Durante todo o curso realizamos diferentes actividades culturais, para celebrar días especiais ou para crear novas situacións de aprendizaxe fora da dinámica cotiá da aula. Dende as celebracións máis tradicionais, como o Samaín, Nadal e o Entroido ata as efemérides de máis moderna incorporación no noso calendario, son datas nas que o centro se engalana para lembrar a toda a comunidade educativa o acontecemento especial que vivimos no instituto.