Hábitos saudables no IES do Castro

Ao final do primeiro trimestre deste curso académico, na clase de 4ºA levouse a cabo un traballo de estatística sobre os hábitos de consumo alimenticio da clase: relación de tipos de comida que se consume, peixe, carne, froita…

Neste caso, desenvolveuse en torno ao número de veces que cada persoa do grupo visita restaurantes de comida rápida ao mes. Desta forma, fíxose un minucioso estudo sobre este insán hábito onde se recolleron as respostas de cada membro e se puxeron en común. Así obtivéronse diferentes parámetros estatísticos e conseguiuse un informe claro no que se poden ver facilmente os resultados da enquisa.

Os resultados deste traballo foron que a gran maioría do alumnado soamente frecuenta restaurantes de comida rápida unha vez ao mes, o cal é razoable. Non obstante, non está de todo ben xa que levar unha boa alimentación implica o rexeitamento de todo tipo de comida lixo ou procesada. Aínda así, unha boa porción dos alumnos e alumnas adoitan ir bastante máis. 

Co proxecto que está tendo lugar este ano no instituto sobre levar unha boa alimentación, pretendese loitar precisamente contra iso, os estilos de vida sedentarios e os costumes pouco favorables para a saúde.

Ademais, con respecto á materia de matemáticas, reforzáronse os coñecementos sobre os programas de follas de cálculo e aprendeuse estatística de maneira dinámica e con datos reais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *