Viaxe a München 2023

INTRODUCCIÓN

O alumnado de Tecnoloxía industrial e Tecnoloxías da información e comunicación, embarcáronse nunha viaxe a Alemania, máis concretamente a cidade de Múnich, para afondar nos contidos aprendidos na aula é levalo ao exterior, ademais de diferentes actividades culturais.

DEUCHES MUSEUM

No primeiro día da viaxe, fixeron unha visita ao Deuches Museum, un museo científico e tecnolóxico con temática moi variada, xa que dentro se encontran exposicións de todo tipo tales como: enxeñaría agraria, biomédica, química, de telecomunicacións, aeroespacial, automovilística, ferroviaria, etc... Ademais doutros campos coma as matemáticas, a química, a física e a música e a robótica.

O principal obxectivo do alumnado era ver en directo o funcionamento da máquina de vapor de James Watt, aínda que esta non estaba dispoñible para a súa observación, ademáis de observar motores e pistóns vistos nas aulas.

BMW

No último día da viaxe os nosos alumnos asistiron ao concesionario de BMW no que observaron os últimos modelos das marcas MINI, BMW e Rolls Royce. Tamén tiveron a oportunidade de subirse nas motos das mesmas marcas. Ademáis de que poideron observar os novos proxectos da compañía e os seus avances

Posteriormente, os alumnos foron ao museo da mesma marca para disfrutar dunha exposición completa de motores de aviación, anteriores ao fin da Segunda Guerra Mundial, e de motos e coches, tanto de competicións coma a formula 1 ou a moto GP como de motos e coches de uso cotidiá ou deportivos. En definitiva, un percorrido pola historia da famosa marca auomovilística alemana onde se trata o pasado, o presente e o futuro da marca.

Outros links e información de interese: