Paraísos baixo o lixo
"O que fagamos poderá parecer insignificante, pero é esencial que o fagamos" Gandhi.
Programas de educación ambiental
O obxectivo é que alumnado coñeza o patrimonio natural da sua contorna e acadar a sua participación activa na conservación ambiental e do noso patrimonio cultural.
Por outra banda, as actividades están deseñadas para que o alumnado descubra alternativas de consumo responsable e cómo podemos transitar cara unha economía circular e sustentable.
Os programas educativos son transversais e póñense en práctica competencias clave para formar a persoas implicadas na mellora do seu entorno e na defensa dos Dereitos Humanos, no exercicio da chamada cidadanía global.
Proxectos de posta en valor do patrimonio etnolóxico
Estos proxectos constan dunha fase inicial de inventariado de elementos do patrimonio etnográfico e a recopilación do patrimonio inmaterial asociado. Para logo expoñer propostas de posta en valor deste patrimonio, como a recuperación de antigos sendeiros que conecten o patrimonio etnolóxico e arqueolóxico, á vez que sirvan como alternativas de mobilidade peonil para a cidadanía e os visitantes.
Dinamización comunitaria
As actividades de voluntariado ambiental e de recuperación do patrimonio cultural, forman parte de proxectos de transformación ambiental e social, nos que se busca a implicación e colaboración entre a cidadanía, as administracións públicas e a comunidade educativa.
Rutas sobre patrimonio cultural
Mediante estas rutas dase a coñecer o abraiante patrimonio natural e cultural da contorna da cidade de Vigo. Durante descubrirás tamén o noso patrimonio inmaterial: como as lendas, costumes, oficios, cancións, bailes e persoaxes mitolóxicas asociadas aos muíños, mámoas, castros, fontes e penedos.





