Comezo do curso: Visita ao proxecto de rexeneración ambiental no Monte da Madroa
Iniciamos o curso cunha visita ao proxecto de rexeneración de valores ambientais no Monte da Madroa, levado a cabo pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Teis.
O obxectivo principal desta iniciativa é recuperar o bosque autóctono galego que fora invadido pola Acacia negra, unha especie exótica e invasora. Para isto, realizáronse accións encamiñadas á eliminación destas masas de acacia e á posterior reforestación con frondosas nativas, utilizando métodos sostibles, sen empregar herbicidas, e promovendo unha forte conexión entre a veciñanza e a natureza.
Obxectivos ambientais e sociais do proxecto:
- Restaurar ecosistemas degradados.
- Conservar e fomentar a biodiversidade.
- Eliminar e controlar especies exóticas invasoras.
- Impulsar a formación e a educación ambiental.
- Divulgar e concienciar sobre os valores ambientais.
- Fomentar o voluntariado ambiental e interxeracional.
- Crear alianzas para a protección do patrimonio natural.
Tras esta enriquecedora visita, retomamos o traballo na nosa horta. Despois do verán, os bancais estaban cubertos de herbas, polo que o primeiro paso foi limpar e preparar a terra. Un labor intenso no que o sacho e a fouce convertéronse nas nosas mellores aliadas.










