
Febreiro: Comezos de colleita e novos espazos na horta 🌿🍓
Mentres o inverno segue o seu curso, na nosa horta comezan a verse os primeiros froitos do traballo constante. É un momento especial que nos enche de ilusión e nos anima a continuar mellorando os espazos de cultivo.
🥕 Primeiras colleitas: sinal de que imos polo bo camiño
Esta semana puidemos recoller os primeiros rabanitos no horto nº3. A súa cor viva e sabor intenso son unha recompensa ao coidado posto dende a sementeira.
Tamén no horto nº1, os tirabeques comezan a estar listos para a colleita. As plantas aguantaron ben o frío e agora ofrecen vainas tenras e doces, perfectas para consumir frescas ou en cociña.
🧹 Traballos adicionais: transformación da zona en desnivel
Aproveitando os días máis secos, adicamos tempo a reorganizar a zona de desnivel lateral, onde xa tiñamos do anterior ano distintas plantas atractoras de polinizadores coma aloe, melisa, romeo e outras variedades silvestres. Agora creamos dous subniveis ou terrazas, onde plantamos fresas xerminadas, que miden entre 3 e 4 cm. A nova disposición non só mellora o aproveitamento do terreo, xa que aproveita a zona con luz máis directa, e tamén facilitará a recollida e o rego das futuras froitas.
🍃 Seguimos co mantemento e fertilización
Tal como fixemos nos meses anteriores, mantemos as tarefas básicas que permiten que todo estea en equilibrio:
- Control de herbas adventicias.
- Limpeza de accesos e zonas de paso.
- Aportación de abono orgánico (estrugas fermentadas) para nutrir o solo de maneira sostible.
Cada pequeno avance —sexa unha colleita ou unha nova plantación— é unha mostra de como o esforzo continuo vai transformando o noso espazo. E aínda queda moito por medrar. Seguimos! 👣








