Empeza o curso preocupados polas máscaras, así que o alumnado de 3º deseña os seus portamáscaras. Que ninguén perda a máscara. Que modelo prefires?
Este curso os proxectos son individuais, pero vemos como o noso alumnado de 3º de ESO amosa as súa faceta máis creativa neste conxunto de proxectos de mecanismos.
O grupo de 2º de ESO C participou en Regueifando no Correlingua
Reseñas
Sabela Vázquez Castro (2º ESO C)
O 14 de outubro, os nenos e nenas de 2º ESO C e 2º ESO D do IES do Castro desfrutaron dun obradoiro de regueifas organizado por Josiño, o célebre regueifeiro galego que vai de centro en centro amosando aos nenos a arte da regueifa.
Neste obradoiro, Josiño comezou cunha das súas regueifas. Segundo os rapaces e rapazas, a mellor parte foi cando falou sobre a súa escaseza de pelo, comparándoa cun aeroporto.
Despois disto explicou os tipos de estrofas que utilizan nos distintos países do mundo e a teoría que terían que seguir despois os asistentes para facer as súas propias regueifas.
Cada neno se presentou cun verso ao ritmo que deberían ter as regueifas e, por último, fixeron varias regueifas completas por grupos.
Ao parecer, este obradoiro foi bastante aplaudido polos rapaces e xa teñen ganas de seguir facendo regueifas para presentarse a un concurso onde se competirá con outros institutos de Vigo.
Sara Carrera Jennings (2º ESO C)
O 14 de outubro fixemos un obradoiro de regueifas moi divertido. O monitor chamábase Josiño e ensinounos cousas sobre a historia de distintas variedades de música en distintas culturas. Ademais, fixo demostracións con improvisación e, máis tarde, convidounos a participar na súa cantiga.
Logo fixemos a nosa propia regueifa en grupos e cantámola en voz alta para mellorala coa axuda do monitor.
Pareceume unha actividade moi divertida que nos axuda a aprender máis cousas da nosa cultura e do pasado da nosa Terra